Cenoria | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Daucus carota' L. |
A cenoria[1] (Daucus carota', L., subespecie sativus) , é unha planta pertencente á familia das umbelíferas, tamén denominadas apiáceas. É a hortaliza máis importante e de maior consumo das pertencentes a devandita familia. É a forma domesticada da cenoria silvestre Daucus carota, oriúnda de Europa e Asia sudoccidental. Cultívase pola súa raíz moito máis grande, saborosa e de textura menos fibrosa, mais continúa sendo a mesma especie. Entre as hortalizas, pertence ao grupo das verduras.