Centro dereita

A centrodereita ou centro dereita comprende, dende o punto de vista da ciencia política, ás persoas ou organizacións que comparten ideoloxías de dereita e do centro ou un intermedio entre ambas as dúas. Na práctica política o termo é xeralmente usado en varios sentidos.

Aduciuse que a centrodereita encadra esencialmente o conservadorismo laico ou secular, ademais dalgunhas correntes do liberalismo e do democristianismo. O electorado esencial compóñeno todas as clases. Este sector xeralmente percibe o rol do estado non só como garante da orde, senón tamén como garante de última instancia en materias de benestar social (ver, por exemplo, Escola de Friburgo). Ao mesmo tempo partidarios deste punto de vista resaltan as calidades éticas que os individuos deben posuír co fin de participar plena e frutuosamente na vida económica, política e social dunha nación. Por exemplo, responsabilidade tanto persoal como social.[1]

  1. El primeiro paso desa estratexia se deu o pasado 4 de marzo coa presentación do "Decálogo" do Grupo PPE-DE, un documento que sinala catro grandes eixes de actuación -Unha Europa de valores, Unha Europa do crecemento e do poder adquisitivo, unha Europa da seguridade e unha Europa da solidariedade- sobre os que se farán propostas e iniciativas concretas.Berlusconi, Fillon y Rato participan esta semana en el foro de ideas del centro-derecha europeo que preside Mayor Oreja

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne