Centroide (Baricentro)

Baricentro (Centroide) dun triángulo

En matemáticas e física, o centroide, tamén coñecido como centro xeométrico, dunha figura plana ou sólida é a posición media aritmética de todos os puntos da superficie da figura. A mesma definición esténdese a calquera obxecto nun espazo euclidiano n-dimensional.[1] [2]

Outra definición de centroide dun plano ou domínio espacial é a de ser un punto de equilíbrio para unha determinada medida nese domínio. Corresponde ao centro de simetría cando o domínio ten dito centro de simetría. A súa existéncia e exclusividade son garantidas cando o dominio for de medida finita.[3].

En xeometría, adóitase asumir unha densidade de masa uniforme, nese caso o baricentro e o centro de masas coinciden co centroide[4]. Informalmente, pódese entender como o punto no que un obxecto (con masa uniformemente distribuída) podería estar perfectamente equilibrado na punta dun alfinete.[5]

En xeografía, o centroide dunha proxección radial dunha rexión da superficie terrestre ata o nivel do mar é o centro xeográfico da rexión.

  1. Protter & Morrey (1970, p. 520)
  2. Definición obtida da wiki en inglés "Centroid". 
  3. Definición obtida da wiki en francés "Centroide". 
  4. As definicións dadas nas wikis en español e en portugués están dadas desde o punto de vista xeométrico
  5. Protter & Morrey (1970, p. 521)

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne