Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2019.) |
Ceuta (es) سَبْتَة (ar) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Territorio reivindicado por | Marrocos | ||||
Estado | España | ||||
Exclave de | España | ||||
Capital de | |||||
Capital | Ceuta | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 83.229 (2024) (4.498,86 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 18,5 km² | ||||
Bañado por | Mar Mediterráneo | ||||
Altitude | 10 m | ||||
Punto máis alto | Monte Anyera (349 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Fundador | Púnico | ||||
Evento clave
| |||||
Día festivo | |||||
Santo padrón | Daniele Fasanella | ||||
Organización política | |||||
Órgano lexislativo | Asemblea de Ceuta , | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 51000–51999 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 856 e 956 | ||||
ISO 3166-2 | ES-CE | ||||
Código NUTS | ES63 | ||||
Código INE | 51001 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | ceuta.es | ||||
Ceuta é unha cidade autónoma española, enclave situado na costa norte de África rodeada por Marrocos. Separada da Península Ibérica polo estreito de Xibraltar, Ceuta é o límite entre o mar Mediterráneo e o océano Atlántico.
Marrocos reivindicou a súa anexión como parte do seu territorio pola súa proximidade xeográfica, xunto con Melilla e outros territorios españois de menor entidade no norte de África. O Goberno de España nunca estableceu negociacións de ningún tipo, xa que é parte do reino ibérico dende o século XVII.
Ceuta, como tamén Melilla, foi un porto libre antes de que España entrara na Unión Europea. En 2008 tiña unha poboación de 75.276 habitantes, formada por cristiáns, musulmáns e pequenas minorías de xudeus.
Foi considerada como parte da provincia de Cádiz ata o 14 de marzo de 1995, cando a cidade aprobou o seu Estatuto de Autonomía e quedou constituída como cidade autónoma, aínda que a Constitución española de 1978 recoñece o seu dereito a constituírse en comunidade autónoma.