Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de novembro de 1840 Londres, Reino Unido |
Morte | 18 de febreiro de 1917 (76 anos) Filadelfia, Estados Unidos de América |
Lugar de sepultura | Mount Peace Cemetery (en) |
Gravador xefe da Casa da Moeda dos Estados Unidos | |
Actividade | |
Campo de traballo | Gravado |
Ocupación | gravador |
Charles Edward Barber, nado en Londres, Inglaterra, o 16 de novembro de 1840, e finado en Filadelfia, Pensilvania, o 18 de febreiro de 1917, foi un deseñador e gravador de moeda, o sexto en ocupar o posto de gravador xefe da Casa da Moeda dos Estados Unidos, desde 1879 ata o seu falecemento.[1][2]
A carreira de Barber, sempre relacionada coa moeda, foi longa e frutífera, xa que el foi o responsable do deseño da maioría das moedas producidas pola US Mint durante o seu período como gravador xefe, á parte dunhas 30 medallas ao longo da súa vida.[1][3]
Ademais das series de moeda circulante para os EEUU, destacan entre as súas creacións diversas moedas conmemorativas, algunhas delas en asociación co seu gravador axudante George T. Morgan. Barber ocupouse dos anversos e Morgan dos reversos de varias destas moedas, como é o caso do medio dólar colombino ou o medio dólar da Exposición Panamá-Pacífico de San Francisco, en 1915. Para países estranxeiros Barber deseñou tamén algunhas moedas, como a serie do dólar hawaiano de 1883 e diversos valores en centavos de peso para Cuba en 1915.