Charmless Man

"Charmless Man"
sinxelo de Blur
do álbum The Great Escape
Lanzamento 29 de abril de 1996
Formato 7", CD, casete
Gravada 1995
Xénero musical Britpop, rock alternativo
Lingua(s) {{{lingua}}}
Duración 3:34
Discográfica EMI, Food Records
Produtor(es) Stephen Street
Escritor(es)
Cronoloxía
""Stereotypes"" "Charmless Man" ""Beetlebum""
Miscelanea {{{miscelanea}}}

"Charmless Man" é unha canción da banda inglesa de rock alternativo Blur, editada como cuarto e derradeiro sinxelo do seu cuarto álbum The Great Escape o 29 de abril de 1996. O tema acadou o posto número 5 da lista de sinxelos británica[1].

En decembro do ano 1996 Damon Albarn dixo, "Charmless Man foi o final de algo... foi o final do pop británico. Polo menos para nós". Albarn tamén comentou que a canción sería axeitada para un musical.

A inspiración da canción chegoulle a Damon Albarn cando estaba visitando á súa avoa en Lincolnshire. El parou na estación de tren de Grantham e cando estaba dentro do baño de homes viu un anaco dun graffiti sobre un tema semellante ao título da canción[2].

  1. Cancións de Blur na lista británica de sinxelos.
  2. Zoë Ball, BBC Radio 1 Breakfast Show, decembro de 1998

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne