Chelonoidis

Chelonoidis

Chelonoidis denticulata coas súas característicos patas con puntos amarelos.
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Sauropsida
Subclase: Anapsida
Orde: Testudines
Suborde: Cryptodira
Superfamilia: Testudinoidea
Familia: Testudinidae
Xénero: Chelonoidis
Fitzgerald, 1835[1][2]
Chelonoidis chilensis, a tartaruga do Chaco.
Chelonoidis carbonaria, tartaruga con patas con puntos vermellos.
Chelonoidis chatamensis, a tartaruga da illa San Cristóbal, unha das especies das illas Galápagos do complexo de especies C. nigra.

Chelonoidis é un xénero de tartarugas da familia Testudinidae.[1][2] Encóntranse en Suramérica continental e nas illas Galápagos (a 1 000 km da costa suramericana do Pacífico). Anteriormente foran asignadas ao xénero Geochelone, pero unha análise xenética comparativa posterior indicou que en realidade están máis estreitamente relacionadas coas tartarugas africanas do xénero Kinixys.[3] Os seus antepasados eran africanos e aparentemente chegaron cruzando o Atlántico flotando no Oligoceno.[3] Esta longa travesía foi posible pola súa capacidade de flotar coas cabezas ergueitas e de sobrevivir seis meses ou máis sen comida nin auga.[3]

Cos cambios taxonómicos recentes, do antigo xénero Geochelone separáronse unha gran parte das súas especies,[3] que foron asignadas a xéneros propios, que son: Aldabrachelys (das Seychelles e Madagascar), Astrochelys (Madagascar)[4], Chelonoidis (Suramérica e illas Galápagos), Stigmochelys (África)[4], e o xénero antigo extinto Colossochelys (sur de Asia).

Os membros do xénero Chelonoidis que viven nas illas Galápagos (que foron antes tratados como subespecies e agora como especies que forman un complexo de especies relacionadas) están entre os quelonios terrestres existentes de maior tamaño. Especies xigantes deste xénero estaban presentes tamén na Suramérica continental durante o Plistoceno, pero agora as especies continentais son máis pequenas que as das Galápagos.[5]

  1. 1,0 1,1 Turtle Taxonomy Working Group 2010 (2010-12-14). "Turtles of the World 2010 Update: Annotated Checklist of Taxonomy, Synonymy, Distribution and Conservation Status" (PDF). Arquivado dende o orixinal (pdf) o 17 de xullo de 2011. Consultado o 2010-12-15. 
  2. 2,0 2,1 Turtle Taxonomy Working Group 2011 (2011-12-31). "Turtles of the World 2011 Update: Annotated Checklist of Taxonomy, Synonymy, Distribution and Conservation Status" (PDF). Arquivado dende o orixinal (pdf) o 05 de agosto de 2012. Consultado o 2012-07-30. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Le, M.; Raxworthy, C. J.; McCord, W. P.; Mertz, L. (2006-05-05). "A molecular phylogeny of tortoises (Testudines: Testudinidae) based on mitochondrial and nuclear genes" (PDF). Molecular Phylogenetics and Evolution 40 (2): 517–531. PMID 16678445. doi:10.1016/j.ympev.2006.03.003. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16 de marzo de 2012. 
  4. 4,0 4,1 Fritz, U.; Bininda-Emonds, O. R. P. (2007-07-03). "When genes meet nomenclature: Tortoise phylogeny and the shifting generic concepts of Testudo and Geochelone". Zoology (Elsevier) 110 (4): 298–307. PMID 17611092. doi:10.1016/j.zool.2007.02.003. 
  5. Cione, A. L.; Tonni, E. P.; Soibelzon, L. (2003). "The Broken Zig-Zag: Late Cenozoic large mammal and tortoise extinction in South America" (PDF). Rev. Mus. Argentino Cienc. Nat., n.s. 5 (1): 1–19. ISSN 1514-5158. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de xullo de 2011. Consultado o 2011-02-06. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne