Chelsea Girls | |
---|---|
O Hotel Chelsea de Nova York, onde se rodou gran parte do filme. | |
Ficha técnica | |
Director | Paul Morrisey Andy Warhol |
Produtor | Andy Warhol |
Guión | Ronald Tavel Andy Warhol |
Música | The Velvet Underground |
Fotografía | Andy Warhol |
Distribuidora | Filmmakers Distribution Center |
Estrea | 15 de setembro de 1966 (Estados Unidos) |
Duración | 195 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Drama Cine experimental |
Filme anterior | Salvador Dalí (1966) |
Filme seguinte | Since (1966) |
Na rede | |
Chelsea Girls é un filme experimental dirixido por Andy Warhol e Paul Morrisey en 1966. Foi o primeiro éxito comercial importante de Warhol despois realizar varios filmes de vangarda (tanto de curtas como de longametraxes). Foi rodada no Hotel Chelsea e outras localizacións de Nova York, e conta a vida de varias das mozas que vivían alí. Presentase nunha pantalla dividida, acompañada por bandas sonoras alternas en cada escena e unha alternancia entre branco e negro e cor. O filme orixinal ten pouco máis de tres horas de duración.[1]
O cartel foi deseñado para a súa estrea en Londres polo artista gráfico Alan Aldridge. Warhol estaba completamente satisfeito co deseño e comentou que «desexaba que o filme fose tan bo coma o cartel».[2]