Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Portugal | |||
Distritos | Distrito de Lisboa | |||
Cidade grande | Lisboa ![]() | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
O Chiado é un dos barrios máis emblemáticos e tradicionais da cidade de Lisboa. Localízase entre o Barrio Alto e a Baixa Pombalina.
En 1856, coa creación do gremio literario, un club dos intelectuais da época, o Chiado tornouse o centro do Romanticismo portugués, punto de paso obrigatorio para quen quería ser coñecido na cidade. O escritor Eça de Queiroz na súa obra "Os Maias" facía moitas referencias ao Chiado e ao gremio literario.
O Chiado dividíase entre as freguesías do Sacramento e dos Mártires, dúas das menores de Lisboa, estando agora totalmente integrado na nova freguesía de Santa Maria Maior.
Na década de 1980, debido á mudanza nos hábitos dos lisboetas e á inauguración do centro comercial Amoreiras, o Chiado ficou decadente.
En 1988, na madrugada do día 25 de agosto, entre as 3 e as 4 da mañá, comezou un incendio no edificio Grandella, que viría a tomar grandes proporcións afectando máis dezasete edificios. O Chiado ficou destruído e a súa reconstrución levou toda a década de 1990, quedando o deseño a cargo do arquitecto Álvaro Siza Vieira[1]
Hoxe o Chiado volve ser un importante centro de comercio de Lisboa, sendo unha das zonas máis cosmopolitas e dinámicas da capital portuguesa, e escenario de eventos emblemáticos como o Vogue Fashion's Night Out.[2]