Chicago Bulls | |
---|---|
Información xeral | |
Conferencia | Leste |
División | Central |
Fundación | 1966 |
Cores | Vermello, negro, branco |
G League | Iowa Energy |
Retirados | 4 (4, 10, 23, 33) |
Localización | |
Cidade | Chicago, Illinois |
Pavillón | United Center |
Capacidade | 20.917 espectadores |
Inauguración | 18 de agosto de 1994 |
Persoal | |
Propietario(s) | Jerry Reinsdorf |
Director | Gar Forman |
Adestrador | Fred Hoiberg |
Títulos | |
Campión | 6 (1991, 1992, 1993, 1996, 1997, 1998) |
Conferencia | 6 (1991, 1992, 1993, 1996, 1997, 1998) |
División | 9 (1975, 1991, 1992, 1993, 1996, 1997, 1998, 2011, 2012) |
bulls.com |
Os Chicago Bulls son un equipo profesional de baloncesto estadounidense con sede en Chicago, Illinois. Os Bulls xogan na División Central da Conferencia Leste da National Basketball Association (NBA). Fundados o 16 de xaneiro de 1966, o equipo ten a súa sede no United Center, pavillón que comparte cos Chicago Blackhawks da National Hockey League (NHL). A época máis esplendorosa do equipo foi a década de 1990, sendo durante esta época unha das máis importantes dinastías da historia da NBA, gañando seis campionatos entre 1991 e 1998. Todos estes títulos foron conseguidos grazas á achega de membros do Salón da Fama como Michael Jordan, Scottie Pippen e o adestrador Phil Jackson. Os Bulls son a única franquía da NBA en gañar máis dun campionato sen perder nunca unha final.
Os Bulls gañaron un total de 72 partidos durante a fase regular da temporada 1995−96, o que supón un récord da NBA, sendo ademais o único equipo da historia en gañar 70 ou máis partidos nunha soa camapaña.[1] Moitos especialistas e analistas consideran os Bulls de 1996 como un dos mellores equipos da historia da competición. the 1996 Bulls to be one of the greatest teams in NBA history. En 2015, os Bulls son a terceira franquía máis valiosa da NBA de acordo á revista Forbes, cun valor estimado de 2.000 millóns de dólares e uns beneficios durante a temporada 2014−15 de aproximadamente 65 millóns.[2] Michael Jordan e Derrick Rose son os dous xogadores da franquía que teñen gañado o título da MVP da NBA.