República de Chile (es) Chile (es) ![]() | |||||
Himno | Himno Nacional de Chile ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Por la razón o la fuerza» «By Right or Might» «Durch Überzeugung oder mit Gewalt» «Drwy Gyfiawnder neu Rym» ![]() | ||||
Localización | |||||
| |||||
Capital | Santiago de Chile ![]() | ||||
Contén a división administrativa | Rexión Metropolitana de Santiago Rexión de Aisén Rexión de Antofagasta Rexión de Araucanía Rexión de Arica e Parinacota Rexión de Atacama Rexión de Biobío Rexión de Coquimbo Rexión de Los Lagos Rexión de Los Ríos Rexión de Magallanes e da Antártica Chilena Rexión de Maule Rexión de O'Higgins Rexión de Tarapacá Rexión de Valparaíso Rexión de Ñuble ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 19.458.000 (2021) ![]() | ||||
Lingua oficial | lingua castelá ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 756.102 km² ![]() | ||||
Bañado por | Océano Pacífico ![]() | ||||
Punto máis alto | Ojos del Salado (6.893 m) ![]() | ||||
Punto máis baixo | Océano Pacífico (0 m) ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Creación | 18 de setembro de 1810 ![]() | ||||
Evento clave
| |||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | república democrática ![]() | ||||
Órgano executivo | Gabinete de Chile ![]() | ||||
• Presidente ![]() | Gabriel Boric (2022–) ![]() | ||||
Órgano lexislativo | Congreso Nacional de Chile , ![]() | ||||
Membro de | |||||
PIB nominal | 316.713.577.509 $ (2021) ![]() | ||||
Moeda | Peso chileno ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .cl ![]() | ||||
Prefixo telefónico | +56 ![]() | ||||
Teléfono de emerxencia | 131, 132, 133, 130 e 134 ![]() | ||||
Código de país | CL ![]() | ||||
Sitio web | thisischile.cl… ![]() | ||||
![]() |
Chile é un país de América do Sur, limitado ó norte polo Perú, ó leste por Bolivia e a Arxentina, cun total de 6.339 km de fronteiras terrestres,[1] ó sur polo Estreito de Drake e ó oeste polo océano Pacífico. O seu nome oficial é República de Chile e a súa capital é a cidade de Santiago de Chile.[2]
Chile descríbese normalmente como constituído de tres distintas zonas. A primeira delas, situada na costa occidental do Cono Sur e coñecida como Chile continental, comprende unha longa e estreita franxa de terra que se estende, maiormente, entre a ribeira suroriental do océano Pacífico e a cordilleira dos Andes, desde os 17º29'57'S ata os 56º32'S de latitude, ao longo de 4.270 km.[3] O seu ancho máximo alcanza os 445 km no paralelo 52º21'S e o seu ancho mínimo, os 90 km en 31º37'S.[4] A segunda, denominada Chile insular, corresponde aos territorios insulares no océano Pacífico Sur: por unha banda, o arquipélago Juan Fernández e as illas Desventuradas, pertencentes a América do Sur; doutra banda, a illa Sala y Gómez e a illa de Pascua, situadas na Polinesia. Chile continental e Chile insular totalizan unha superficie de 756.096,3 km². A terceira, chamada Territorio Chileno Antártico,[5] comprendida entre os meridianos 90º e 53º oeste, é unha zona da Antártida de 1 250 257,6 km² sobre a cal Chile reclama soberanía, prolongando o seu límite meridional ata o Polo Sur. Esta reclamación está conxelada de acordo co estipulado polo Tratado Antártico,[6] do que Chile é signatario, sen que a súa firma constitúa unha renuncia. Localízase tamén en Chile a punta sur de América do Sur: o Cabo Horn, que é tamén o punto máis próximo da Antártida. Tamén en Chile está o lugar considerado como o máis seco do planeta: o Deserto de Atacama.
Debido á súa presenza en América, Oceanía e a Antártida, Chile defínese a si mesmo como un país tricontinental.[7]
Ademais, Chile exerce dereitos exclusivos, reclamacións de diverso grao e soberanía sobre o seu espazo marítimo, chamado Mar chileno.[8] Este comprende o mar territorial (120.827 km²), a zona contigua (131.669 km²), a zona económica exclusiva ou «mar patrimonial», cunha superficie total de 3 681 989 km²,[9] e a correspondente plataforma continental, cunha superficie de 145.194 km²,[9] que tamén forman parte do territorio chileno[10] Chile posúe un bordo costeiro de 6.435 km de lonxitude.[11]
Os seus máis de 17 millóns de habitantes alcanzan índices de calidade de vida,[12] e porcentaxe de globalización[13] que se atopan entre os máis altos de América Latina.
EEZ area (shelf) of: Chile 2,009,299 (145.194) km², Desventuradas Isl. 449,805 km², Easter Isl. 720,395 km², J. Fernandez, Felix and Ambrosio Isl. 502,490 km²