China Eastern Airlines

China Eastern Airlines
中国东方航空公司
IATA
MU
OACI
CES
Indicativo
CHINA EASTERN
Fundación25 de xuño de 1988
Plan de voo frecuenteEastern Miles
AlianzaSkyTeam
SubsidiariasChina Cargo Airlines
China United Airlines
Shanghai Airlines
Frota376
Destinos211
Eslogan da compañíaTraveling the globe, making dreams come true
SedeShanghai, China
Páxina web: http://global.ceair.com/

China Eastern Airlines Corporation Limited (chinés simplificado: 中国东方航空公司; chinés tradicional: 中國東方航空公司, coloquialmente coñecida como 东航/東航) é unha aeroliña baseada no China Eastern Airlines Building, nos sotos do aeroporto Internacional Hongqiao en Shanghai, China. É unha gran aeroliña chinesa que opera voos internacionais, domésticos e rexionais. Os seus principais centros de operacións son o aeroporto Internacional Pudong e o aeroporto Internacional Hongqiao, ámbolos dous en Shanghai, e ten centros secundarios no aeroporto Internacional de Kunming Changshui e no aeroporto Internacional Xianyang. China Eastern Airlines é a segunda aeroliña chinesa en número de pasaxeiros. A compañía e a súa subsidiaria Shanghai Airlines convertéronse no 14º membro da alianza SkyTeam o 21 de xuño de 2011.[1] No ano 2012 China Eastern Airlines transportou 73,08 millóns de pasaxeiros cunha media de ocupación do 73%.[2]

  1. Air Transport World (ed.). "China Eastern becomes 14th SkyTeam member". Consultado o 29 de xullo de 2014. 
  2. China Eastern (ed.). "Anuncio de resultados do ano 2012" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de outubro de 2013. Consultado o 29 de xullo de 2014. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne