Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de decembro de 1941 (83 anos) 14º distrito de París, Francia |
Directora de investigación do CNRS | |
Datos persoais | |
Residencia | Francia (1965–) Estados Unidos de América (1962–) |
Educación | Universidade de París |
Actividade | |
Campo de traballo | Estudos de xénero, feminismo e antirracismo |
Ocupación | socióloga, conferenciante, activista |
Empregador | Centre national de la recherche scientifique |
Membro de | |
Movemento | Feminismo materialista (pt) |
Obra | |
Doutorando | Léo Thiers-VIdal (en) |
Cronoloxía | |
runaway (en) | |
Sitio web | christinedelphy.wordpress.com |
Christine Delphy, nada en París en 1941, é unha socióloga francesa, investigadora do CNRS desde 1966 no campo dos estudos feministas ou de xénero.
Pioneira en Francia en análises sobre a articulación das desigualdades causadas polo sexismo, o clasismo e o racismo, as súas contribucións son similares aos estudos poscoloniais, estando tamén preto da interacción simbólica.[1] En 2018 mantiña o seu activismo feminista e as súas opinións sobre a guerra, o veo islámico, a situación da poboación musulmá en Francia xeraron controversia.[2]