Chrysiogenetes | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Xéneros | |||||||||||
Chrysiogenes Macy et al. 1996 |
Os Chysiogenetes son un pequeno filo de bacterias introducido recentemente, que comprende só unha familia con tres xéneros: Chrysiogenes, Desulfurispira e Desulfirispirilum.
Chrysiogenes arsenatis foi illada na auga residual dunha mina de ouro australiana, e do seu xénero deriva o nome do filo (do grego chruseion, mina de ouro ; Chrysiogenes = xurdida dunha mina de ouro). É anaeróbica e reduce o arsénico, que funciona como aceptor final de electróns, usando o acetato e outros produtos orgánicos como doantes de electróns e de carbono. Pode reducir o nitrato a amoníaco vía nitrito. As súas secuencias de ARNr 16S eran únicas, polo que se clasificou no seu propio filo. Posteriormente describíronse os outros dous xéneros.[1]