Chvrches | |
---|---|
![]() Chvrches en 2018 | |
Orixe | Glasgow, ![]() |
Período | 2011 - presente |
Xénero(s) | synth-pop, electropop, indie pop, indietrónica, rock electrónico |
Selo(s) discográfico(s) | Virgin, Goodbye, Glassnote, Virgin EMI |
Membros | Iain Cook Martin Doherty Lauren Mayberry |
Na rede | |
chvrch.es | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Chvrches (estilizado CHVRCHΞS) é unha banda escocesa de pop procedente de Glasgow e formada en setembro de 2011. O grup está composto por Lauren Mayberry, Iain Cook, Martin Doherty e, de xeito non oficial dende 2018, Jonny Scott.[1] Derivada principalmente do xénero synth-pop, Chvrches tamén incorpora indietrónica, indie pop e dance electrónico no seu son.
Dous anos despois da súa formación Chvrches publicou o EP Recover, que incluía os éxitos "The Mother We Share" e "Recover". O seu álbum de estrea, The Bones of What You Believe, foi editado o 20 de setembro de 2013, e a banda ocupou o quinto lugar na lista Sound of 2013 da BBC.[2] Dous anos despois, o 25 de setembro de 2015, o grupo lanzou o seu segundo álbum, Every Open Eye. O seu terceiro traballo, Love Is Dead, apareceu o 25 de maio de 2018, e o cuarto , Screen Violence, o 27 de agosto de 2021.