Unha cicloide é a curva definida polo camiño seguido por un punto na beira dunha circunferencia rodando ó longo dunha liña recta. É un exemplo dunha ruleta, unha curva xerada por unha curva rodando sobre outra.
A cicloide é ademais a solución ó problema da braquistócrona (i.e. a curva de descenso máis rápido entre dous puntos en diferente vertical baixo gravidade) e o problema relacionado co anterior da isócrona ou tautócrona (i.e. curva coa propiedade de que o tempo de descenso dun obxecto esvarando sen rozamento non depende da posición inicial na mesma).