Civitas Vaticana (la) | |||||
Himno | Inno e Marcia Pontificale | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «sen valor» | ||||
Epónimo | Outeiro Vaticano | ||||
Localización | |||||
| |||||
Enclave en | Roma e Italia | ||||
Capital | sen valor | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 764 (2023) (1.559,18 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua italiana lingua francesa lingua latina | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 0,49 km² | ||||
Punto máis alto | Outeiro Vaticano (77 m) | ||||
Punto máis baixo | Praza de San Pedro (33 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 11 de febreiro de 1929: Estado soberano causado por Pactos Lateranenses | ||||
Día festivo | |||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | Teocracia monarquía electiva monarquía absoluta absolute theocratic monarchy (en) monarquía constitucional | ||||
• Papa | Francisco (2013–) | ||||
Órgano executivo | Governorate of Vatican City State (en) | ||||
• Presidente da Comisión Pontificia para o Estado da Cidade | Fernando Vérgez Alzaga (pt) | ||||
Órgano lexislativo | Comisión Pontificia para o Estado da Cidade do Vaticano , (Escano: 7) | ||||
Membro de | |||||
Moeda | euro | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 00120 | ||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .va | ||||
Prefixo telefónico | +39 e +379 | ||||
Teléfono de emerxencia | 112 | ||||
Código de país | VA | ||||
Patrimonio da Humanidade | |||||
Tipo | Patrimonio cultural → Europa-América do Norte | ||||
Data | 1984 (8ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (i), (ii), (iv) e (vi) | ||||
Identificador | 286 | ||||
Ben cultural baixo protección especial | |||||
Data | 18 de xaneiro de 1960 | ||||
Sitio web | vaticanstate.va | ||||
Cidade do Vaticano (en italiano: Città del Vaticano), é un estado soberano cuxo territorio está composto por un enclave dentro da cidade de Roma, capital de Italia. Abrangue unha superficie 0,439 km² (44 hectáreas), sendo o país independente recoñecido internacionalmente máis pequeno do mundo. A súa poboación é de pouco máis de 800 habitantes, dos cales 438 persoas gozan do dereito de cidadanía vaticana, mentres que o resto están autorizadas a residir nel sen ese dereito.
O Vaticano é unha cidade-estado, recoñecido como tal o 11 de febreiro de 1929 tralos pactos de Latrán. A Cidade do Vaticano alberga a Santa Sé, máxima institución da Igrexa católica. Aínda que os dous nomes "Cidade do Vaticano" e "Santa Sé" se utilizan a miúdo coma se fosen equivalentes, o primeiro refírese á Cidade e ao seu territorio, mentres que o segundo se refire á institución que dirixe a Igrexa e que ten personalidade xurídica propia (como suxeito de dereito internacional). En rigor, é a Santa Sé, e non o Estado do Vaticano, a que mantén relacións diplomáticas cos demais países do mundo. Doutra banda, o Vaticano é quen dá o soporte temporal e soberano para a actividade da Santa Sé. As dúas entidades aínda teñen pasaportes diferentes, aínda que en ámbolos casos son moi poucos os existentes.
A denominación oficial completa en latín desta estado é: Status Civitatis Vaticanæ, sendo en italiano a denominación completa Stato della Città del Vaticano, nome que vén do Monte Vaticano (do latín Vaticinĭum: predición; antigamente moraba no outeiro un oráculo etrusco). A Cidade do Vaticano é unha monarquía eclesiástica ou sacerdotal, gobernada polo bispo da diocese romana, o Papa, polo que pode considerarse a única monarquía electiva de Europa, aínda cando o Sumo Pontífice delega as funcións de goberno no Secretario de Estado. Posúe ademais o exército máis pequeno do mundo, a Garda Suíza, composta tan só por 110 soldados.