Cimeria (continente)

Historia tectónica de Cimeria
1. Cimeria separouse á deriva desde as costas do nordeste de Gondwana hai uns 250 Ma.[1]
1. Cimeria separouse á deriva desde as costas do nordeste de Gondwana hai uns 250 Ma.[1]
2. A media que Cimeria migrou desde Gondwana a Eurasia o pechouse Paleo-Tetis e abriuse o Neo-Tetis.[2]
2. A media que Cimeria migrou desde Gondwana a Eurasia o pechouse Paleo-Tetis e abriuse o Neo-Tetis.[2]
3. 150 millóns de anos despois Cimeria colisionou con Eurasia e a oroxenia cimérica pechou o Paleo-Tetis. A medida que empezou a rotura de Gondwana no sur, a apertura do océano Índico iniciou o peche do Neo-Tetis.[1]

Cimeria foi un antigo continente, ou, probablemente, un conxunto de microcontinentes ou terreos aliñados, que se moveron á deriva desde Gondwana no hemisferio sur e acabaron chocando e acrecionándose con Eurasia no hemisferio norte. Constaba de partes do que hoxe son Turquía, Irán, Afganistán, o Tíbet, Shan–Thai e península de Malaisia.[3] Cimeria empezou a separarse das costas de Gondwanan do Océano Paleo-Tetis durante o Carbonífero ou inicios do Permiano e a medida que se abría detrás del o océano Neo-Tetis, durante o Permiano, o Paleo-Tetis foise pechando por diante de Cimeria.[4] Cimeria separouse á deriva de Gondwana do leste ao oeste, desde Australia ao leste do Mediterráneo.[5] Como era moi alongada, Cimeria estendíase ao longo dun amplo intervalo de lonxitudes, latitudes e zonas climáticas.[6]

  1. 1,0 1,1 Reconstrución de Dèzes 1999, p. 16
  2. Reconstrución de Stampfli & Borel 2002, p. 27
  3. Scotese & McKerrow 1990, pp. 4, 5, 17
  4. Golonka 2007, p. 182
  5. Stampfli & Borel 2002, pp. 24, 28
  6. Metcalfe 2002, p. 556

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne