Lema | «Strength in Unity» | ||||
---|---|---|---|---|---|
Epónimo | Society of the Cincinnati (en) | ||||
Localización | |||||
| |||||
Estado | Estados Unidos de América | ||||
Estado federado | Ohio | ||||
Condado | Condado de Hamilton (pt) | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 309.317 (2020) (1.511,89 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 138.696 (2020) | ||||
Xeografía | |||||
Situado na entidade territorial estatística | área metropolitana de Cincinnati (Poboación:2.256.884) | ||||
Superficie | 204,589872 km² | ||||
Auga | 2,017 % (1 de abril de 2010) | ||||
Bañado por | Río Ohio | ||||
Altitude | 147 m | ||||
Comparte fronteira con | Norwood (pt) Villa Hills (pt) Fort Thomas (pt) North College Hill (pt) Cheviot (pt) Dayton (pt) Bellevue (pt) Newport St. Bernard (pt) Ludlow (pt) Bromley (pt) Covington (pt) Storrs Township (en) (1835–1870) Spencer Township (en) (década de 1840–1909) | ||||
Creación | 1788 | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | mayor–council government (en) | ||||
• Alcalde | Aftab Pureval (pt) (2022–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 513 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Khárkiv (1989–) | ||||
Sitio web | cincinnati-oh.gov |
Cincinnati é unha cidade do estado norteamericano de Ohio e a capital de condado de Hamilton. A cidade está localizada ao suroeste de Ohio, á beira do río Ohio na fronteira Ohio-Kentucky.
Cunha poboación en 2006 de 332.252 habitantes, Cincinnati é a terceira cidade máis grande de Ohio, detrás de Columbus e Cleveland, e a 56ª cidade máis grande nos Estados Unidos. A área metropolitana é moito maior, comunmente chamada "Grande Cincinnati," situada como a segunda área metropolitana de Ohio, só detrás de Cleveland, e inclúe partes de Ohio, Kentucky, e Indiana. Desde 2006, a Oficina do Censo dos Estados Unidos estima que a área Estatística Combinada de Cincinnati-Middletown-Wilmington ten unha poboación de 2 147 617 habitantes[1] (o que a converte na 20ª máis grande do país) e crece a un ritmo aproximado dun 1 por cento anual.
Cincinnati é sede de varios deportes das principais ligas, como os Cincinnati Reds (o primeiro equipo de béisbol profesional de América), os Cincinnati Bengals (un equipo da Liga Nacional de Fútbol), o Masters de Cincinnati de tenis, así como varios equipos de ligas menores, como os Cincinnati Kings (un equipo profesional de fútbol), os Cincinnati Cyclones (un equipo profesional de hóckey sobre xeo) e os Cincinnati Jungle Kats (un equipo de fútbol americano).
Cincinnati considérase que foi a primeira boomtown (comunidade que experimenta un rápido crecemento demográfico e económico) dos Estados Unidos, expandíndose rapidamente no corazón do país a principios do século dezanove ata rivalizar coas cidades costeiras máis grandes en tamaño e riqueza. Como a primeira cidade importante do interior do país, pénsase nela como a primeira cidade puramente americana, carecendo da forte influencia europea presente na costa leste. Con todo, cara a finais do século, o crecemento de Cincinnati reduciuse bastante, e a cidade foi superada en poboación por moitas outras cidades interiores.
Cincinnati tamén é coñecida por ter unha das coleccións máis grandes de arquitectura italiana do século dezanove nos Estados Unidos[2], principalmente concentrada ao norte do centro da cidade na veciñanza de Over-the-Rhine, un dos Distritos Históricos Nacionais máis grandes no país.