Circo romano

O sitio do antigo Circo Máximo na actual Roma
Carreira de carros por Albert Kuhn (1913).

O circo romano (do latín significa "círculo") é un gran local ao aire libre onde os romanos realizaban espectáculos, con chanzos para os espectadores[1]. Foi unha das instalaciones máis importantes das cidades romanas. Xunto co teatro e mailo anfiteatro, forma a tríade de grandes instalacións destinadas a divertir o pobo. Inspirado nos hipódromos e estadios gregos, porén de medidas moito maiores ca estes, o circo romano estaba destinado a carreiras, espectáculos, e representacións, que conmemoraban os acontecementos do Imperio.

O circo romano é un recinto moi alongado con remates circulares nos extremos, tendo globalmente unha forma oval. No centro, arrodeada de bancadas xeralmente en pedra, estaba a arena (en latín hārēna), moi alongada e partida en dous pola espiña (en latín spina), un valado baixo e illado coroado de obeliscos, estatuas e outros enfeites semellantes. A espiña formaba sobre a arena dúas vías por onde corrían as bigas e cuadrigas. En cada un dos extremos da espiña había un piar cónico denominado meta (en latín meta). Os contadores de voltas adoitaban ser ovos de pedra ou estatuetas de golfiños.

Segundo Edward Gibbon, no capítulo XXXI da súa obra The History of the Decline and Fall of the Roman Empire, o pobo romano, a principios do século V:

....aínda consideraban o Circo como a súa casa, o seu templo e a sede da república.[2][3][4]
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para circo.
  2. Gibbon, Edward (1776). "Chapter 31 - Games and spectacles". The History of the Decline and Fall of the Roman Empire. Christian Classics Ethereal library; Edward Gibbon, English historian of the Roman Empire. Consultado o 2013-11-11.  - second sentence of the following paragraph
  3. Gibbon, Edward (1776). "Chapter XXXI: Invasion Of Italy, Occupation Of Territories By Barbarians.—Part III.". The History of the Decline and Fall of the Roman Empire. ( Project Gutenberg; Gibbon, Edward, 1737-1794). Arquivado dende o orixinal o 2008-09-21. Consultado o 2013-11-11.  - second sentence of the 4th paragraph
  4. Gibbon, Edward (1776). "Chapter XXXI: Invasion Of Italy, Occupation Of Territories By Barbarians.—Part II.". The History of the Decline and Fall of the Roman Empire. ( Project Gutenberg; Gibbon, Edward, 1737-1794). Arquivado dende o orixinal o 2008-09-04. Consultado o 2013-11-11.  - second sentence of the 4th paragraph

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne