Citisina | |
---|---|
(1R,5S)-1,2,3,4,5,6-Hexahidro-1,5-metano-8H-pirido[1,2a][1,5]diazocin-8-ona | |
Outros nomes Citisina | |
Identificadores | |
Número CAS | 485-35-8 |
PubChem | 10235 |
ChemSpider | 9818 |
UNII | 53S5U404NU |
ChEBI | CHEBI:4055 |
ChEMBL | CHEMBL497939 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C11H14N2O |
Masa molecular | 190,24 g/mol |
Punto de fusión | 152–153 °C; 306–307 °F; 425–426 K |
Punto de ebulición | 218 °C; 424 °F; 491 K (a 2 mmHg) |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
A citisina[1][2], tamén chamada baptitoxina e soforina, é un alcaloide tóxico que aparece de forma natural en varios xéneros de plantas, como Laburnum e Cytisus da familia Fabaceae. Malia a súa toxicidade (LD50 i.v., en ratos ~2 mg/kg),[3] ten un uso médico para axudar a deixar de fumar, xa que é moito máis barata do que outros produtos similares. A súa estrutura molecular ten algunha semellanza coa da nicotina e ten efectos farmacolóxicos similares. Porén, as doses excesivas poden interferir coa respiración pulmonar e causar a morte.