A clase traballadora, clase obreira ou proletariado designa o conxunto de traballadores que, dende a Revolución Industrial, achegan basicamente o factor traballo na produción e a cambio reciben un salario ou contraprestación económica, sen ser propietarios individuais dos medios de produción.[1][2] O termo contraponse así a clase capitalista ou sector social que acapara o capital, así como ó artesanato, sector onde polo xeral os traballadores son propietarios dos útiles de produción.[3]