Clatrato

Os clatratos ou compostos de clatrato son substancias químicas que consisten nun retículo que atrapa ou contén moléculas. A palabra clatrato deriva do latín clatratus, que significa con barras ou un retículo.[1] Tradicionalmente, os compostos de clatratos son poliméricos e envolven completamente á molécula que hospedan, pero no uso moderno do termo os clatratos tamén inclúen complexos hospedador-hospedado e compostos de inclusión.[2] Segundo a IUPAC, os clatratos son "compostos de inclusión nos cales a molécula hospedada está nunha gaiola formada pola molécula hospedadora ou por un retículo de moléculas hospedadoras."[3]

Estrutura do complexo de inclusión 3:1 de urea e 1,6-diclorohexano. A rede está composta de moléculas de urea que están ligadas por enlaces de hidróxeno, que deixan canais aproximadamente hexagonais nos cales se alinean as moléculas do clorocarburo. Esquema en cor: oxíxeno en vermello, nitróxeno en azul, cloro en verde.[4]

Os clatratos son compostos non estequiométricos nos cales moléculas de tamaño conveniente (de 2 a 9 ángstrom) son capturadas nas cavidades que aparecen na estrutura doutro composto. A auga conxelada pode crear celas con capacidade para conter moléculas de gas, enlazadas mediante enlaces de hidróxeno. Numerosos gases de baixo peso molecular (O
2
, N
2
, CO
2
, CH
4
, H
2
S
, argon, cripton, xenon...) forman clatratos en certas condicións de presión e temperatura. Estas celas son inestables se están baleiras, colapsándose para formar xeo convencional.

  1. "Latin dictionary". Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2012. Consultado o 04 de novembro de 2015. 
  2. J. L. Atwood "Inclusion Compounds" in Ullmann's Encyclopedia of Industrial Chemistry, 2012, Wiley-VCH, Weinheim. doi 10.1002/14356007.a14_119 10.1002/14356007.a14_119
  3. http://goldbook.iupac.org/C01097.html
  4. Hollingsworth, U.Werner-Zwanziger; Brown, J.D.Chaney; Huffman, K.D.M.Harris (1999). "Spring-Loading at the Molecular Level: Relaxation of Guest-Induced Strain in Channel Inclusion Compounds". J. Am. Chem. Soc 121: 9732. doi:10.1021/ja9919534. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne