![]() | Atención: Este artigo é demasiado curto e precisa dun traballo de ampliación. |
Claudio Giovanni Antonio Monteverdi, nado o 15 de maio de 1567 en Cremona e finado o 29 de novembro de 1643 en Venecia, marcou a transición entre a tradición polifónica e madrigalista do século XVI e o nacemento do drama lírico e da ópera no século XVII. É a figura máis importante na transición entre a música do Renacemento e do Barroco.