Clementina Arderiu i Voltas

Modelo:BiografíaClementina Arderiu i Voltas

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Clementina Arderiu Voltas Editar o valor en Wikidata
6 de xullo de 1889 Editar o valor en Wikidata
Barcelona, España Editar o valor en Wikidata
Morte17 de febreiro de 1976 Editar o valor en Wikidata (86 anos)
Barcelona, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaSarrià cementery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoetisa, escritora Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoPoesía Editar o valor en Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
CónxuxeCarles Riba Editar o valor en Wikidata
FillosOriol Riba Editar o valor en Wikidata
ParentesPau Riba, neto Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteNou diccionari de la literatura catalana Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1719791 Musicbrainz: 5156966a-dbd6-4b53-8c5c-f3b6989d3377 Editar o valor en Wikidata

Clementina Arderiu i Voltas, nada en Barcelona o 6 de xullo de 1889[1] e finada na mesma cidade o 17 de febreiro de 1976, foi unha poeta catalá. Influenciada pola poesía popular catalá, Josep Carner e Joan Maragall, foi autora dos libros Cançons i elegies (1916), Sempre i ara (1946), co que gañou o premio Joaquim Folguera, És a dir (1959) e L'esperança encara (1969), entre outros.[2]

Nos seus poemas pódese atopar a influencia de Josep Carner, así como do seu marido, Carles Riba. A súa é unha poesía moi elaborada na que dominan temas como a fe, o amor, a alegría, a condición feminina ou a morte, entre outros. Considérase que os seus poemas tenden a unha idealización da vida cotiá. Foi creadora de goigs (versos populares de carácter relixioso), como Jacint Verdaguer ou Joan Maragall, entre outros. As súas primeiras obras pódense clasificar dentro do Noucentisme, que superou máis adiante coa incorporación de novos elementos.

Formou parte do círculo de mulleres intelectuais e artistas da pintora rusa Olga Sacharoff en Cataluña. Entre elas tamén se atopaban as pintoras Soledad Martínez, Marie Laurencin, Dagoussia e Ángeles Santos, as escultoras Lluïsa Granero e Maria Llimona, ou a escritora Elisabeth Mulder.[3]

  1. "Espanha, Província de Barcelona, Registros Municipais, 1387-1986". Family Search. 
  2. "Una literatura pròpia, dones escriptores" (PDF). Institut Català de les Dones (en catalán). 
  3. "Olga Sacharoff, pintura, poesia, emancipació" (PDF). Museu d'Art de Girona (en catalán). 2017. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de setembro de 2020. Consultado o 01 de xaneiro de 2024. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne