Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde abril de 2012) |
Clero é o nome colectivo que engloba de forma xeral aos homes que foron ordenados para o servizo relixioso, sacerdotes e diáconos. O nome individual é crego.
Na maior parte das relixións o clero actúa dentro e, en ocasións, fóra dos lugares de culto: hospitais, escolas, misións e incluso no exército (clero castrense).
Hai unha diferenza importante entre o clero e os teólogos. Os primeiros ocúpanse da práctica do culto, mentres que os teólogos son os estudosos da relixión e a teoloxía, e non son necesariamente clérigos (nin sequera necesariamente crentes).
O clero, en moitos países, está protexido por leis especiais (foro eclesiástico) e, en moitos casos, financiado (ou cofinanciado) polo Estado, aínda que os seus recursos proveñen en gran parte das doazóns dos seus fieis. A confesionalidade do Estado ou a total separación Igrexa-Estado poden ter moi distintas situacións intermedias.
A oposición terminolóxica entre os ámbitos relixioso (vida consagrada) e clerical (ordes sagradas) dáse entre dous termos que teñen unha gran parte do campo semántico en común, no uso habitual e en literatura. Aínda máis confusión ou equivocidade tería a terna crego/eclesiástico/relixioso. A distinción entre os tria genera hominu: praelati, continentes e conjugati (clero secular, clero regular —ou vida consagrada— e laicos) víñase explicitando desde a Antigüidade Tardía e os primeiros séculos medievais por autores como Santo Agostiño e San Gregorio o Grande.[1]