Clorofila d | |
---|---|
![]() | |
Identificadores | |
PubChem | 6449882, 16070025 |
ChEBI | CHEBI:38199 |
Imaxes 3D Jmol | |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C54H70MgO6N4 |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
A clorofila d é un tipo de clorofila, que actúa como pigmento fotosintético, que foi identificada por Harold Strain e Winston Manning en 1943.[1][2] Está presente en moitas algas vermellas mariñas e nalgunhas cianobacterias[3], que a utilizan para captar enerxía da luz na súa fotosíntese.[4] A clorofila d absorbe luz do vermello afastado (entre o vermello e o infravermello), de 710 nm de lonxitude de onda, que queda xusto fóra do rango visible.[5] Un organismo que contén clorofila d está adaptado a un ambiente como o das augas moderadamente profundas, nas que se pode usar a luz vermella afastada para facer a fotosíntese,[6] aínda que alí chegue pouca luz visible.[7]
![]() |
![]() |