Clostridia | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Clostridium botulinum | |||||||
Clasificación científica | |||||||
| |||||||
Ordes | |||||||
Sinonimia | |||||||
|
Os Clostridia son unha clase moi polifilética de Bacillota (ou Firmicutes), que inclúe o importante xénero Clostridium. Distínguense dos Bacilli pola falta de respiración aerobia. De feito, son anaerobios obrigados e o oxíxeno é tóxico para eles. As especies da clase Clostridia adoitan ser grampositivas (pero non todos, ver Halanaerobium) e teñen a capacidade de formar esporas.[1] Os estudos mostran que non son un grupo monofilético e as súas relacións non son totalmente seguras. Actualmente, a maioría están situados na orde Clostridiales, pero este non é un grupo natural e é probable que se redefina no futuro.
A maioría das especies do xénero Clostridium son organismos saprófitos que fermentan polisacáridos de plantas [2] e encóntranse en moitos lugres no ambiente, especialmente no solo. Porén, o xénero contén algúns patóxenos humanos (sinalados máis abaixo). As toxinas producidas por certos membros do xénero Clostridium están entre os máis perigosos coñecidos. Exemplos destas toxinas son a toxina tetánica (tetanospasmina) producida por C. tetani e a toxina botúlica producida por C. botulinum. Algunhas especies foron illadas de mulleres con vaxinose bacteriana.[3]