Clostridium difficile | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Colonias de C. difficile crecendo nunha placa de ágar sangue. | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Clostridium difficile Hall & O'Toole, 1935 | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
|
Clostridium difficile (sinónimo Clostridioides difficile) é unha especie bacteriana formada por bacilos grampositivos formadores de esporas, anaerobios estritos. Forma parte da microbiota intestinal normal nunha pequena proporción (2-5 %) de individuos sans e de pacientes hospitalizados.[1] C. difficile é a causa máis importante de colite pseudomembranosa,[2] unha infección do colon, que con frecuencia é secundaria á erradicación da flora saprófita polo uso intenso de antibióticos. O tratamento xeralmente consiste en suspender a administración de antibióticos con excepción de anticlostridiais, como o metronidazol.