O Club Olimpia é unha entidade deportiva e social de Asunción, en Paraguai, cuxa sección de fútbol é a máis salientable. O club foi fundado en 1902, e nos seus 109 anos de historia ten acadado máis títulos que ningún outro club deportivo do país, tanto a nivel nacional como continental. Das 6 finais da Copa Libertadores que ten disputado, gañou 3, en 1979, 1990 e 2002, o cal fai deste club un dos máis laureados do continente suramericano. A súa rivalidade co Cerro Porteño é de longo a máis importante do fútbol de Paraguai.