Cnidarios Rango fósil: Neoproterozoico – actualidade | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Anemone de mar (Actiniaria) | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Subfilos e Clases [1] | |||||||||||
Os cnidarios (Cnidaria, do grego antigo κνίδη knídē, 'ortiga') son un filo que agrupa arredor de 10.000 especies de animais relativamente simples,[2] que viven exclusivamente en ambientes acuáticos, maioritariamente mariños. O nome deste filo é debido a unha característica diagnóstica que presentan estes animais: a existencia dunhas células chamadas cnidocitos, presentes nos tentáculos de todos os membros do filo e é inxectada ás presas cando rozan o cnidocilio do cnidocito.[3] Durante un tempo chamáronse tamén celentéreos.
Teñen simetría radial e o seu plan corporal é en forma de saco. Son os animais máis simples que presentan células nerviosas e órganos dos sentidos (estatocistos, ocelos). Son un grupo antigo, cunha larga historia fósil que se remonta, probablemente, á fauna de Ediacara, arredor duns 600 millóns de anos atrás. Dentro deste grupo están animais como os pólipos, as medusas ou os corais.