Cobras Rango fósil: Cretáceo – Actualidade | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Collage de cobras | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
![]() Distribución mundial aproximada das especies de cobras
| |||||||||||||||||
Subgrupos | |||||||||||||||||
|
As cobras[1] son réptiles carnívoros poiquilotérmicos, é dicir, de sangue frío, e carentes de patas pertencentes á suborde Serpentes. Como tódolos escamosos, as cobras son vertebrados amniotas ectotermos cubertos por escamas superpostas. Moitas especies de cobras teñen cranios con máis xuntas que os seus predecesores lagartos, o que lles permite inxerir presas meirandes que a súa testa grazas ás mandíbulas móbiles. Para acomodar os seus estreitos corpos, os órganos pares das cobras (como os riles) están situados un despois do outro, no canto de estar ó carón, e a maioría só ten un pulmón funcional. Algunhas especies conservan a pelve e un par de poutas vestixiais a ámbolos lados da cloaca. Cobra en galego é sinónimo de serpe en xeral, non só da especie asiática que tomou o nome do galego-portugués. [2][3][4] Pódense distinguir dos lagartos sen patas pola súa falta de pálpebras e oídos externos.
As cobras atópanse en tódolos continentes agás na Antártida, os Océanos Pacífico e Índico, algunhas illas grandes, coma Irlanda e Nova Zelandia, e nas pequenas illas do Atlántico e o Pacífico central.[5]
A atracción polas cobras coñécese como ofiofilia, a repulsión ofiofobia[6]. O estudo dos réptiles chámase herpetoloxía (da palabra grega usada para serpente).