Coco (folclore)

O coco é un ser mítico, unha especie de fantasma, meiga ou monstro co que se asusta nenos. Aínda que non ten unha aparencia definida, este ser tiña unha representación figurada: a súa cabeza era unha especie de cabaza da que saía luz ou lume. A representación do coco adoitábase facer mediante unha cabaza con tres ou catro buratos cos que se imitaban os ollos, o nariz e a boca. Unha vez baleirada a cabaza, procedíase a colocar unha luz dentro e deixábase durante a noite nun lugar escuro para arredar ós nenos e outras persoas que por alí pasaran[1].

O coco é un ser masculino e o seu equivalente feminino é a coca, aínda que ámbolos dous sexan, ó cabo, aspectos do mesmo ser. É doado que se produzan confusións, xa que ningún dos dous ten unha forma definida e ás veces tómase a un polo outro.

Que Viene el Coco, (1799) de Goya
  1. Figueiredo, Cândido. Pequeno Dicionário da Língua Portuguesa. Livraria Bertrand. Lisboa 1940

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne