Coenzima

Coenzima A

Os coenzimas ou coencimas[1] son cofactores orgánicos non proteicos, termoestables, que unidos a un apoenzima constitúen o holoenzima ou forma cataliticamente activa do enzima. Teñen en xeral baixa masa molecular. Son claves no mecanismo de catálise, por exemplo, aceptando ou doando electróns ou grupos funcionais, que transportan dun enzima a outro. A diferenza dos enzimas, os coenzimas modifícanse e consómense durante a reacción química.

  1. Coordinadores: Jaime Gómez Márquez, Ana Mª Viñas Díaz e Manuel González González. Redactores: David Villar Docampo e Luís Vale Ferreira. Revisores lingüísticos: Víctor Fresco e Mª Liliana Martínez Calvo. (2010). Dicionario de bioloxía galego-castelán-inglés. (PDF). Xunta de Galicia. p. 49. ISBN 978-84-453-4973-1. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne