Cognado

O cognado[1] (ás veces tamén chamado coétimo) é o termo que se utiliza para denominar unha palabra que ten a mesma orixe etimolóxica ca outra dada, tanto da mesma lingua coma doutra distinta. Habitualmente aplícase para cando as dúas palabras teñen a mesma categoría gramatical, pero esta restrición non é sempre necesaria.

  1. "cognado". Dicionario da Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-14. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne