Coloso de Rodas

Modelo:Xeografía físicaColoso de Rodas
(el) Κολοσσός της Ρόδου Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipoescultura perdida
estatua colosal
Marabilla do Mundo Antigo
estrutura desaparecida Editar o valor en Wikidata
Parte deSete marabillas do mundo Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaAncient Rhodes (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mapa
 36°27′04″N 28°13′40″L / 36.45111, 28.22778
Características
Dimensións33 (altura) m
Material usadobronce Editar o valor en Wikidata
Historia
Data de creación ou fundación284 a. C. Editar o valor en Wikidata
Estado de conservaciónderruído Editar o valor en Wikidata
CreadorCarés de Lindos (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
O Coloso de Rodas.

O Coloso de Rodas foi unha estatua de Helios, deus grego do Sol, construída entre o ano 292 a.C. e o 280 a.C., polo escultor Chares de Lindos. A estatua tiña 32 metros de alzada, semellante á actual Estatua da Liberdade de Nova York, setenta toneladas de peso, feita integramente con placas de bronce sobre un armazón de ferro. O Coloso de Rodas tornouse nunha das Sete marabillas do mundo, mais todo o que se coñece sobre esta estatua débese ás novas que deixaron os escritores antigos Polibio, Estrabón e Plinio, e ás crónicas bizantinas de Constantino VII Porfiroxénito. Unha embarcación que chegase á illa grega de Rodas, no Mediterráneo, por volta do 280 a.C., pasaría obrigatoriamente entre as pernas da enorme estatua de Apolo (Helio, para os romanos), deus do Sol e protector do lugar. É que o Coloso de Rodas, como foi chamada a sétima marabilla do mundo, tiña un pé fincado en cada marxe do canal que daba acceso ao porto. Con 30 metros de altura, toda de bronce e oca, a estatua comezou a ser esculpida en 292 a.C., polo escultor Chares de Lindos, unha das cidades da illa, que a concluíu doce anos despois. Contase que o pobo de Rodas mandou construír o monumento para conmemorar a retirada das tropas do rei macedonio Demetrio Poliorcetes, que promovera longo cerco á illa na tentativa de conquistala. Demetrio era fillo do xeneral Antígono, que após a morte de Alexandre o Grande, herdou unha parte do imperio grego.

O material empregado na escultura foi obtido a partir da fundición do armamento que os macedonios alí abandonaran. A estatua ficou en pé por apenas 55 anos, cando un terremoto a tirou no fondo da baía de Rodas onde ficou esquecida até a chegada dos árabes, no século VII. Estes, entón, quebrárona e vendérona como un obxecto inútil. Para ter unha idea do volume do material, foron necesarios novecentos camelos para transportalo. Esa, que foi considerada unha obra marabillosa, levou a Chares a suicidarse despois de tela terminado, desgustado co pouco recoñecemento público ao monumento.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne