Columbia Records | |
---|---|
Acrónimo | Columbia |
Tipo | selo discográfico e marca rexistrada |
Data de fundación | 15 de xaneiro de 1889 |
Fundador(es) | Edward D. Easton |
Organización matriz | Sony Music Entertainment |
Sede | Nova York |
País | Estados Unidos de América |
Na rede | |
http://www.columbiarecords.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Columbia Records é un selo discográfico estadounidense, pertencente a Sony Music Entertainment, e operado como parte do Columbia/Epic Label Group. Fundouse en 1888, evolucionando dunha empresa anterior, a American Graphophone Company (sucesora da Volta Graphophone Company). Columbia é a marca máis antiga de son pre-gravado, sendo a primeira compañía discográfica en producir discos pre-gravados en oposición aos cilindros. Columbia Records pasou a editar discos dunha serie de destacados vocalistas, instrumentistas e grupos. dende 1961 ata 1990, as súas gravacións editáronse fóra dos Estados Unidos e o Canadá polo selo CBS Records, antes adoptar o nome de Columbia na meirande parte do mundo.
Ata 1989, Columbia Records non tivo conexión con Columbia Pictures, que utilizou varios nomes para as discográficas da súa propiedade, como Colpix e posteriormente Arista. Columbia Pictures é agora un selo irmán de Columbia Records xa que ambos están conectados a través da Sony Corporation of America.