O columnario inspirou a creación do símbolo do dólar: $.[1] Este exemplar cuñouse a nome de Fernando VI, na Casa da Moeda de México
En numismática, coñécese como columnario a moeda de prata con valor facial en reais (principalmente o real de oito ou peso), cuñada pola monarquía española nalgúns dos seus territorios de América no século XVIII, entre os anos 1732 e 1773, cando foi substituída pola moeda de busto.[2][3][4]
Cuñáronse sobre todo nas cecas de México, Potosí e Lima, aínda que tamén noutras americanas como as cecas de Popayán, Guatemala, Novo Reino ou Santiago de Chile.[5]
- ↑ Crespo-Francés, J-A. El origen del dólar.
- ↑ "Columnario". No Dicionario da RAG e no Portal das Palabras.
- ↑ "Columnario Arquivado 19 de decembro de 2018 en Wayback Machine." en Digalego.gal.
- ↑ "Los reales ‘columnarios’ y ‘de busto’ (1732-1788) Arquivado 19 de decembro de 2018 en Wayback Machine.". En Corvera Colecciones.
- ↑ Ruiz Calleja, A. "Los 8 reales columnarios". En Ruiz Calleja Blognumismatico.com.