Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia de Lugo ![]() | ||||
Capital | Quiroga ![]() | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 5.047 (2020) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 578,49 km² ![]() | ||||
A comarca de Quiroga é unha comarca galega situada no sueste da provincia de Lugo, na fronteira coa comunidade de Castela e León. A súa capital é Quiroga e pertencen a ela os concellos de Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil.
Nesta comarca atópase a Serra do Courel e limita polo sur co río Sil. Gran parte da comarca inclúese na Reserva da Biósfera da Ribeira Sacra e no LIC Ancares-Courel. É unha das zonas máis importantes de Galicia no referente ao patrimonio natural.