Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Cantabria ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 557,97 km² ![]() | ||||
A comarca de Trasmiera (en montañés e historicamente: Tresmiera) é unha das comarcas históricas de Cantabria (España) situada ao leste do río Miera ata o río Asón. Esténdese entre as baías de Santander e Santoña, ocupando gran parte do litoral oriental de Cantabria. A costa deste tramo caracterízase polos seus cantís e as súas belas praias como as de Langre, Loredo, Isla, as de Noja e a de Berria en Santoña. Cara ao interior a comarca ofrece extensos prados así como un gran desenvolvo hostaleiro e campista.
A pesar de que xa existe unha lei de comarcalización de Cantabria, esta aínda non foi desenvolvida polo tanto a comarca non ten entidade real.[1]