Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Cantabria ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 599 km² ![]() | ||||
A comarca dos Valles Pasiegos ou la Pasieguería é unha comarca histórica de Cantabria (España). Por esta comarca transcorren os ríos Pas e Miera. Limita ao norte coa comarca de Santander, ao leste coa do Asón-Agüera, ao oeste coa do Besaya, e ao sur esténdese por Espinosa de los Monteros na provincia de Burgos.
A comarca, tamén coñecida como Pas-Miera ou Pas-Pisueña-Miera, engloba os cursos altos dos ríos Pas e Miera, e está formada polos vales de Toranzo, Carriedo, Cayón e Pas. Cun carácter eminentemente rural, a súa poboación bascula cara a Torrelavega, Santander ou Laredo en busca de servizos. Destaca do lugar o val pasiego polas súas históricas características intrínsecas.
A pesar de que xa existe unha lei de comarcalización de Cantabria, esta aínda non foi desenvolvida polo tanto a comarca non ten entidade real.[1]