Comba de Sens

Modelo:BiografíaComba de Sens

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento257 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Gallaecia, Roma Antiga Editar o valor en Wikidata
Morte273 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata (15/16 anos)
Sens, Francia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, decapitación Editar o valor en Wikidata
Período de tempoImperio Romano Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa31 de decembro Editar o valor en Wikidata

Find a Grave: 8190697 Editar o valor en Wikidata
Tríptico no que aparece o busto de Xesús Cristo entre Xoán o Bautista e Pedro, Xoán o Evanxelista e Comba no extremo dereito. 1495, Museo do Prado, Madrid

Comba de Sens, máis coñecida por Santa Comba, nada na Gallaecia[1] contra o 257 e seica decapitada en Meaux no ano 273, foi unha virxe mártir cristiá galaica considerada santa e á que se asocia con Sens en Francia e unha fonte chamada d'Azon. É venerada pola Igrexa católica e a súa festa celébrase o 31 de decembro[2].

Toda a súa historia é bastante lendaria. Disque aos dezaseis anos de idade fuxiu da Gallaecia cara á Galia coa finalidade de escapar das persecucións do emperador Aureliano. Porén, acadárona e apresárona. Mentres estaba na cadea, un dos gardas do cárcere intentou violala. Un oso que se usaba coma besta nun anfiteatro achegado atacou o garda e rescatouna. Porén, máis tarde foi martirizada en Meaux.

Conta a haxiografía católica que a condenaron a morrer na fogueira, mais que, ao resistir ás lapas, degolárona nunha fraga achegada. Onde caeu o seu sangue abrollou un regueiro.

No lugar da sepultura ergueuse unha capela, á que seguiu a abadía de Sens. Outras igrexas de Francia levan o seu nome. Disque tamén foi patroa da igrexa parroquial de Chevilly, na diocese de París. Os seus restos non se achan en Sens, senón que aparentemente se atopan (ou se atopaban) en Rimini (Italia). Descoñécense os motivos polos que os restos de Santa Comba non ficaron en Sens (polo menos en gran parte), senón que foron enviados a Rimini, á Catedral de Santa Comba. As reliquias foron levadas (soamente unha parte) polo bispo Castelli, de Rimini, que viaxou a Sens con ese fin na segunda metade do século XVI. Posteriormente decatáronse de que os anacos das reliquias traídas de Francia complementaban perfectamente os fragmentos das vellas reliquias de Santa Comba, xa existentes en Rimini, que segundo a lenda chegaron por barco (aínda que non se sabe de onde).

A igrexa de Santa Comba de Colonia, ou Sankt Kolumba en alemán, construída en 980, está igualmente consagrada a esta mártir cristiá.

Na arte, santa Comba está representada como unha doncela coroada encadeada. Ás veces pode ir acompañada dun can ou dun oso encadeado; soster un libro e unha pluma de pavón; estar cun anxo sobre unha pira funeraria ou incluso aparecer decapitada.

Santa Coloma Màrtir, imaxe do s.XV da Patroa de Santa Coloma de Gramenet (Barcelona), conservada na Igrexa Maior.
  1. Lanzi, Fernando; Lanzi, Gioia (2004). Saints and Their Symbols: Recognizing Saints in Art and in Popular Images. Traducido por O'Connell, Matthew J. Collegeville, Minnesota: Liturgical Press. pp. 80. ISBN 0-8146-2970-9. OCLC 54767407. 
  2. "Patron Saints Index: Saint Columba of Sens". Arquivado dende o orixinal o 02 de xaneiro de 2011. Consultado o 10 de febreiro de 2015. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne