Complemento directo

Na frase, Irene come mazás, mazás é o complemento directo.

En sintaxe chámase complemento directo (ou obxecto directo) a función que desempeña un sintagma nominal, un pronome ou unha oración subordinada substantiva que é afectada de forma directa e inmediata pola actividade do verbo: "Pedro come peras". Por iso é un complemento que é seleccionado soamente polos verbos transitivos.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne