Computerwelt | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Kraftwerk | ||||
Publicado | 10 de maio de 1981 | |||
Gravación | 1979 - 1981 | |||
Estudio(s) | Kling Klang, Düsseldorf | |||
Duración | 34:21 | |||
Xénero(s) | electrónica, synthpop, electro | |||
Selo(s) | Kling Klang, Warner Bros. | |||
Produtor | Ralf Hütter, Florian Schneider | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Computerwelt é o oitavo álbum de estudio da banda alemá de música electrónica Kraftwerk, publicado o 10 de maio de 1981 a través dos selos Kling Klang e Warner Bros.[1]
O álbum trata o tema do auxe dos ordenadores dentro da sociedade. De acordo co concepto do álbum, Kraftwerk mostrou a súa música nunha ambiciosa xira mundial. As composicións están acreditadas a Ralf Hütter, Florian Schneider e Karl Bartos. Ao igual que cos seus dous anteriores discos, Computerwelt editouse en versións en lingua alemá e inglesa (esta co nome Computer World).