Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido ![]() |
Morte | c. 464 ![]() |
Actividade | |
Ocupación | monarca ![]() |
Familia | |
Familia | Uí Néill (pt) ![]() ![]() |
Fillos | Fergus 'Cendfota' (?), Dauí (?) ![]() |
Pai | Niall dos Nove Reféns ![]() |
Irmáns | Eógan mac Néill Coirpre mac Néill ![]() |
![]() |
Conall Gulban, finado en c. 464 foi un rei irlandés e devanceiro epónimo de Cenél Conaill, que fundou o reino de Tír Chonaill no século V, o cal abranguía o territorio actual do condado de Donegal en Ulster. Era o fillo de Niall Noígiallach.[1]
O seu nome Gulban deriva de Benn Ghulbain no condado de Sligo, dende onde os fillos de Niall comezaron a súa conquista de Aileach.[2] O rei Conall Gulban foi asasinado polo Masraige en Magh Slécht (que se atopa no oeste do actual condado de Cavan) en 464, un venres.[3] Foi enterrado por Caillín en Fenagh, County Leitrim.[4] É importante na historia da Irlanda cristiá por ser o primeiro nobre en ser bautizado por Patricio de Irlanda, o que permitiu a conversión das clases dirixentes de Irlanda.
Aparece como convidado e compañeiro de Caílte mac Rónáin, un dos Fianna principais en Acallam na Senórach, que sobreviviu ó cristianismo e relata os contos dos Fianna e significado dos topónimos ó acabado de chegar San Patricio. Caílte fai a mesma función con Conall en Tír Conaill e descobre os tesouros dos Fianna en diversas tumbas megalíticas nas súas viaxes.
Aparentemente era moi achegado a Eógan mac Néill, quen morreu o ano seguinte de pesar pola morte do seu irmán.[5]
Entre os seus fillos están Fergus Cendfota, Dauí (fundadron de Cenél nDuach) e Énna Bogaine (fundador de Cenél mBogaine).