Conan (Marvel Comics)

Conan é unha personaxe ficticia creada por Robert E. Howard para os relatos de Conan o bárbaro. Estes relatos de Howard foron adaptados máis ou menos de maneira fiel por Marvel Comics da man do guionista Roy Thomas e o debuxante Barry Windsor-Smith. Smith foi substituído posteriormente por John Buscema, mentres Thomas seguiu escribindo durante moitos anos. Outros escritores sobre Conan o bárbaro foron Stan Le, Wally Wood, Jim Owsley (tamén chamado Christopher Priest) ou Michael Fleisher. O escritor de A espada salvaxe de Conan foi Thomas e a maior parte dos debuxos foron realizados por Buscema, Alfredo Alcala ou Gil Kane. Tamén foron adaptadas como tira de prensa dominical dende o 4 de setembro de 1978 até o 12 de abril de 1981. Ó principio escrito por Thomas e ilustrado por Buscema, despois foi continuado por outros debuxantes e escritores. Marvel abandonou a personaxe a finais de 2000.

Outros títulos Marvel sobre Conan foron Savage Tales (1971 – 1975), Giant-Size Conan (1974–1975), King Conan/Conan the King (1980–1989), Conan the Adventurer (1994 – 1995), Conan (1995 – 1996), e Conan the Savage (1995 – 1996).


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne