Concejo de la Mesta

Pastos de montaña en Villafranca de la Sierra (Ávila, España). Obsérvase o paso das canellas, un curral para a recollida do gando e un chozo de pedra onde se refuxiaban os pastores dos rigores do tempo.

O honrado concello da Mesta, foi unha asociación de pastores e gandeiros de León e Castela creada en 1273 por Afonso X o Sabio á cal outorgoulle importantes privilexios como quedar eximidos do servizo militar e tamén de testemuñar nos xuízos e, o máis importante, dereitos de paso e pastoreo.

Antes da súa creación, os pastores reuníanse en asembleas ou consellos denominados mestas (unha das acepcións en galego é a de "elementos numerosos e xuntos", como mestura)[1] en diversas localidades dúas ou tres veces ao ano coa fin de tratar dos negocios relacionados cos seus gandos ou goberno económico, e para distinguir e separar os mestencos (animais sen dono coñecido) que se mesturaron.

Durante a Idade Media e co paso do tempo, engádense novos privilexios reais á Mesta, como pasará a ser coñecida, xunto cunha fiscalización especial para protexela dos agricultores, o que provocou longos e incontables preitos até o ano 1836, en que foi aboliu por ser un resaibo do Antigo Réxime.

A Mesta foi considerada unha das agrupacións corporativas ou gremios máis importantes de Europa da Idade Media e o primeiro gremio gandeiro, aínda que existiron corporacións locais de gandeiros anteriores en Aragón (Casa de Gandeiros de Zaragoza).

  1. "mesto, mesta". academia.gal. Consultado o 15-09-2018. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne