O Condado de Vermandois foi unha xurisdición feudal de Francia en Picardia. Os primeiros datos que se teñen deste condado son do século IX, eran unha terras arredor de Saint-Quentin, ao norte do reino, que estaban a cargo de cabaleiros ao servizo de Carlomagno. Os condes de Vermandois emparentaron cos reis de Francia.