Condado de Chartres

Condados de Francia contra 1030.
Condados de Francia contra 1180.

O condado de Chartres foi unha xurisdición feudal de Francia centrada en Chartres.

Existiu en tempos dos carolinxios, xa que a cidade de Chartres tiña bispo (e todas as cidades con bispo tiñan conde) pero a mediados do século IX caeu en mans dos normandos. En 879 dominaba a zona un xefe normando chamadoHasting, que foi derrotado nese ano por Carlomán II e finalmente no 882 estableceuse como Conde de Chartres a cambio da paz. Vendeu o condado en 886 ou 892 para financiar unha expedición a Inglaterra na que desapareceu. Non se dispón de máis información ata 956 cando Teobaldo II era vizconde de Blois, quen se denominou Teobaldo I conde de Blois, Chartes e Châteaudun; a dinastía de Blois instalou vizcondes en Chartres, que aparecen desde 1019. A xurisdición do condado era un territorio definido con diversos señores feudais, mentres que a xurisdición dun vizcondado era sensibelmente máis reducida, sendo porén un dos principais señoríos do condado e o de maior rango.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne