Condado de Troyes

Escudo de aramas cos condes de Troyes.

O condado de Troyes foi unha xurisdición feudal de Francia situado na rexión de Champaña e centrada na poboación de Troyes. A rexión foi cristianizada no século III, e suponse que foi grazas ao seu bispo São Lupus que Atila non a destruíu. Dise que o bispo ofreceu a súa propia vida a cambio de que salvase a cidade. A cidade foi próspera até o século VIII, cando foi atacada violentamente por musulmáns e normandos. Xa no século X se converteu nunha das zonas comerciais máis importantes da comarca da Champaña, grazas ao bo goberno dos seus condes nas grandes feiras de Champaña. En 1151, o condado de Troyes e mailo condado de Meaux foron fusionados polos condes de Vermandois, dando lugar ao condado de Champaña, que posteriormente se incorporou ao condado de Blois. A comarca, aínda así, seguiu prosperando. Este crecemento máis os intercambios comerciais, relixiosos e intelectuais continuaron até a Guerra dos Cen Anos.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne